PREMIO Bertolt Brecht
Utopía Foro convoca a “I MOSTRA DE MONÓLOGOS CRÍTICOS-PREMIO BERTOLT BRECHT”.
Utopía Foro que xa consolidou a MOSTRA DE CANCIÓN DE AUTOR-UTOPÍA SON (séguese desenvolvendo a súa terceira edición), pon en marcha un novo proxecto cultural.
Co fin de dar un pequeno apoio ao teatro en galego, crea o premio Bertolt Brecht para monólogos.
- O premio ao mellor monólogo orixinal ou adaptado, estará dotado con 600 €.
- Os monólogos que se presenten a concurso representaranse ante público no CAFÉ UF durante os meses de Xaneiro, Febreiro, Marzo e Abril.
- O premio será entregado o 1 de Maio do 2008
- O prazo de inscrición finaliza o 30 de Decembro do 2008 e poderá realizarse no CAFÉ UF (rúa Pracer 19 vigo) ou en utopiaforo@nodo50.org
As bases poden solicitarse no Café UF ou en UtopÍa Teatro