viernes, 8 de agosto de 2008

BASES PREMIO BERTOLT BRECH

UTOPÍA TEATRO

I MOSTRA DE MONÓLOGOS CRÍTICOS- PREMIO BERTOLT BRECH


  1. UTOPIA FORO convoca a I MOSTRA DE MONÓLOGOS-PRÉMIO BELTOLT BRECHT.
  2. O tema será libre pero haberá de manter unha intención crítica.
  3. A actuación terá unha duración mínima de 15 minutos, sen límite de duración. Poderán ser utilizadas todas as técnicas que o autor considere oportunas.

  4. Os monólogos poderán ser orixinais ou adaptacións. Valorará-se o resultado final e global do espectáculo apresentado.

  5. Estabelece-se un prémio único de 600 € para o mellor monólogo

  6. Haberá tres xurados con un 33% dos votos cada un: UTOPIA FORO, o público que asista ao espectáculo e as votacións en utopiaforo@nodo50.org

  7. Os monólogos serán apresentados nunha actuación no CAFÉ UF en data que será outorgada pola organización. Os monólogos poden ser representados polo seu autor ou por quen éste escollese.

  8. No momento de se inscreber se apresentará unha cópia do monólogo en Word nun suporte dixital, o nome do autor e do actor que o vaia representar se ambos non cadran, e un telefone de contacto. A inscrición poderá facerse temén no correo utopiaforo@nodo50.org mandando o nome, un teléfono de contacto e o texto do monólogo.


  9. O idioma utilizado será o galego.

  10. Se estabelece un prémio único de 600 € e trofeu.

  11. prazo de inscrición finaliza o 31 de Decembro do 2008. A Mostra se desenvolverá nos meses de Xaneiro, Febreiro, Marzo e Abril do 2009. O 1 de Maio se representará o monologo gañador e se lle entregará o prémio.

  12. As inscricións poderán realizar-se no Café UF (c/ Pracer nº 19 Vigo) ou en utopíaforo@nodo50.org

  13. A inscrición na mostra subpón a aceitación destas bases na sua totalidade.

Xan Zentron

lunes, 21 de julio de 2008

I MOSTRA DE MONÓLOGOS



Utopía Foro convoca a “I MOSTRA DE MONÓLOGOS CRÍTICOS-PREMIO BERTOLT BRECHT”.

Utopía Foro que xa consolidou a MOSTRA DE CANCIÓN DE AUTOR-UTOPÍA SON (séguese desenvolvendo a súa terceira edición), pon en marcha un novo proxecto cultural.

Co fin de dar un pequeno apoio ao teatro en galego, crea o premio Bertolt Brecht para monólogos.

  • O premio ao mellor monólogo orixinal ou adaptado, estará dotado con 600 €.
  • Os monólogos que se presenten a concurso representaranse ante público no CAFÉ UF durante os meses de Xaneiro, Febreiro, Marzo e Abril.
  • O premio será entregado o 1 de Maio do 2008
  • O prazo de inscrición finaliza o 30 de Decembro do 2008 e poderá realizarse no CAFÉ UF (rúa Pracer 19 vigo) ou en utopiaforo@nodo50.org

As bases poden solicitarse no Café UF ou en UtopÍa Teatro