viernes, 8 de agosto de 2008

BASES PREMIO BERTOLT BRECH

UTOPÍA TEATRO

I MOSTRA DE MONÓLOGOS CRÍTICOS- PREMIO BERTOLT BRECH


  1. UTOPIA FORO convoca a I MOSTRA DE MONÓLOGOS-PRÉMIO BELTOLT BRECHT.
  2. O tema será libre pero haberá de manter unha intención crítica.
  3. A actuación terá unha duración mínima de 15 minutos, sen límite de duración. Poderán ser utilizadas todas as técnicas que o autor considere oportunas.

  4. Os monólogos poderán ser orixinais ou adaptacións. Valorará-se o resultado final e global do espectáculo apresentado.

  5. Estabelece-se un prémio único de 600 € para o mellor monólogo

  6. Haberá tres xurados con un 33% dos votos cada un: UTOPIA FORO, o público que asista ao espectáculo e as votacións en utopiaforo@nodo50.org

  7. Os monólogos serán apresentados nunha actuación no CAFÉ UF en data que será outorgada pola organización. Os monólogos poden ser representados polo seu autor ou por quen éste escollese.

  8. No momento de se inscreber se apresentará unha cópia do monólogo en Word nun suporte dixital, o nome do autor e do actor que o vaia representar se ambos non cadran, e un telefone de contacto. A inscrición poderá facerse temén no correo utopiaforo@nodo50.org mandando o nome, un teléfono de contacto e o texto do monólogo.


  9. O idioma utilizado será o galego.

  10. Se estabelece un prémio único de 600 € e trofeu.

  11. prazo de inscrición finaliza o 31 de Decembro do 2008. A Mostra se desenvolverá nos meses de Xaneiro, Febreiro, Marzo e Abril do 2009. O 1 de Maio se representará o monologo gañador e se lle entregará o prémio.

  12. As inscricións poderán realizar-se no Café UF (c/ Pracer nº 19 Vigo) ou en utopíaforo@nodo50.org

  13. A inscrición na mostra subpón a aceitación destas bases na sua totalidade.

Xan Zentron

1 comentario:

Anónimo dijo...

Es evidente que la calidad de las actuaciones del uf es cada día peor.