UTOPÍA TEATRO
I MOSTRA DE MONÓLOGOS CRÍTICOS- PREMIO BERTOLT BRECH
I MOSTRA DE MONÓLOGOS CRÍTICOS- PREMIO BERTOLT BRECH
- UTOPIA FORO convoca a I MOSTRA DE MONÓLOGOS-PRÉMIO BELTOLT BRECHT.
- O tema será libre pero haberá de manter unha intención crítica.
- A actuación terá unha duración mínima de 15 minutos, sen límite de duración. Poderán ser utilizadas todas as técnicas que o autor considere oportunas.
- Os monólogos poderán ser orixinais ou adaptacións. Valorará-se o resultado final e global do espectáculo apresentado.
- Estabelece-se un prémio único de 600 € para o mellor monólogo
- Haberá tres xurados con un 33% dos votos cada un: UTOPIA FORO, o público que asista ao espectáculo e as votacións en utopiaforo@nodo50.org
- Os monólogos serán apresentados nunha actuación no CAFÉ UF en data que será outorgada pola organización. Os monólogos poden ser representados polo seu autor ou por quen éste escollese.
- No momento de se inscreber se apresentará unha cópia do monólogo en Word nun suporte dixital, o nome do autor e do actor que o vaia representar se ambos non cadran, e un telefone de contacto. A inscrición poderá facerse temén no correo utopiaforo@nodo50.org mandando o nome, un teléfono de contacto e o texto do monólogo.
- O idioma utilizado será o galego.
- Se estabelece un prémio único de 600 € e trofeu.
- prazo de inscrición finaliza o 31 de Decembro do 2008. A Mostra se desenvolverá nos meses de Xaneiro, Febreiro, Marzo e Abril do 2009. O 1 de Maio se representará o monologo gañador e se lle entregará o prémio.
- As inscricións poderán realizar-se no Café UF (c/ Pracer nº 19 Vigo) ou en utopíaforo@nodo50.org
- A inscrición na mostra subpón a aceitación destas bases na sua totalidade.
Xan Zentron